Santiago de Compostela CONCENTRACIÓN POR LA REPUBLICA
Concentración en la #PlazaDoToural el 15 de abril organizado por la plataforma republicana #UnidadePolaRepublica con nuestro compañero Luis Valcarce @luisvalcarce de Alternativa Republicana Galega @ALTER_Galiza leyendo el manifiesto. Convocaban :
Alternativa Republicana Galega @ALTER_Galiza
Partido Comunista de España Marxista Leninista @pceml
Partido Comunista Galicia @PCGalicia
Partido Comunista Pueblos de España @PCPE_Comunista
Xuventudes Socialistas @XSGalicia

Manifiesto
O pasado 14 de abril cumpríronse 92 anos da proclamación da II República. Os pobos de España, cansos de sufrir a miseria, o caciquismo e o absolutismo da Monarquía apoiada pola ditadura de Primo de Rivera, situáronse a favor dun proxecto de Estado en que expulsaban o Antigo Réxime do poder.
A maioría social daquel entón tentou levar a cabo un proceso de empoderamento popular para acabar con décadas de atraso económico, político e social. Construíronse miles de escolas, recoñeceuse a separación entre Igrexa e Estado, fíxose efectiva a separación de poderes, activouse a asistencia sanitaria pública e as mulleres puideron votar, entre outros logros daquel tempo.
Fronte a isto, a reacción franquista apoiada, sobre todo, polos nazis alemáns e fascistas italianos, e en menor medida, Inglaterra e EE. UU., e, fundamentalmente, coa vitoria da unidade das esquerdas expresada na Fronte Popular, sumiron o noso país no terror durante 40 anos, cebándose especialmente contra intelectuais, profesoras e obreiros antifascistas, contra quen se opoñía ao nacionalcatolicismo, en definitiva.
Na actualidade, o modelo económico capitalista, sostido no Estado Español pola corrupta e autoritaria monarquía borbónica, móstrase ineficaz para satisfacer as necesidades fundamentais da maioría social, e achaia o terreo para que as posturas déspotas, populistas e reacionarias da extrema dereita penetren no conxunto da clase obreira e do campo popular. Aquí é onde debe entrar unha Terceira República para o pobo traballador, en contraste con quen quere implantar a tiranía coa cara máis violenta dos poderes oligárquicos.
Por iso, as organizacións que convocamos esta concentración consideramos que calquera celebración do 14 de Abril debe servir, ademais de para homenaxear a quenes deron a súa vida na defensa da legalidade republicana en oposición ao autodenominado "bando nacional", para que o republicanismo de esquerdas asuma que non é hora nin da dispersión nin de dúbidas, senón da unidade de acción de todas e todos os republicanos nun espazo común para transformar a nosa realidade desde a base.
E si, fronte á manifesta emerxencia de articular unha resposta ás presións do capital financeiro baseada nunha transformación profunda económica e institucional, chamamos a reconstruir, coordinadas, o movemento republicano baixo un programa que, entre outras cousas, impulse o control democrático das institucións, a reforma agraria aínda pendente, o control público e a nacionalización dos sectores económicos estratéxicos e o control efectivo, así como a participación da xente do común nas cuestións políticas.
A POLA TERCEIRA!
REPÚBLICA É FUTURO!!